Volve o arqueódromo!

Regresa a Ferrol esta experiencia única grazas ao apoio do concello e do campus.

Neste espazo educativo os escolares poderán aprender de xeito práctico, ameno e rigoroso, o que é a arqueoloxía, escavando eles mesmos nunha recreación dun xacemento e estudando os seus achados no laboratorio. Con obradoiros de fotografía arqueolóxica impartidos por Eloy Taboada e Víctor Rivera.

Gratuíto: os venres de 10 a 13 h (de novembro a xuño) no Centro Torrente Ballester, Ferrol.

Para nenos e nenas de 6º curso de primaria e 1º da ESO.

Duración da actividade: 3 h. aprox.

Concerta unha cita ou pide máis información no enderezo arqueodromo.ferrol@gmail.com ou no teléfono 685715703.

Responsable: Dra. Lucía Brage.

Detalle dunha tumba do arqueódromo. Foto: E. Taboada. 

Anterior
Anterior

Limpieza del castro de Esmelle

Siguiente
Siguiente

Día 13. Los doce de Esmelle