Tesouro castrexo de Bedoya
No Museo de Pontevedra consérvase o chamado “Tesouro Bedoya”, un espectacular conxunto de ourivaría castrexa (diadema/cinturón e arracadas). Trátase dun achado casual realizado nunha tarefa de remoción de terras, na parroquia ferrolá de San Román de Doniños (no lugar da Chousa-Barca de Arriba, segundo os estudos do Grupo de Arqueoloxía Terra de Trasancos), propiedade de Francisco Bedoya. A presenza de varias moedas romanas permite datar o momento da deposición deste tesouro non antes do ano 91 d. C.
Tesouro Bedoya.