Que é unha mámoa?
É un monumento prehistórico de tipo megalítico cuberto por un montículo de terra de planta circular, que acollía no seu interior unha anta ou dolmen, e cumpría funcións de tipo funerario. Pola súa silueta arredondada e avultada, é posible que o termo veña do nome latino que lle daban ao órgano glandular das femias dos mamíferos, a mama (mamula ‘tetiña’). En Ferrol destacan as mámoas de Brión, Mougá e San Pedro de Leixa.
Construcción dunha mámoa. Ilustración: G. de la Peña.