Arqueoloxía en familia en Nadal: Paletinus, a mascota do arqueódromo, espéravos

Regresa a Ferrol esta experiencia única en Galicia da man da Cátedra de Arqueoloxía e Educación patrimonial.

Neste espazo educativo, nenos e nenas de 6 a 10 anos poderán aprender de xeito práctico, e acompañados da súa familia, que é a arqueoloxía, escavando eles mesmos nunha recreación dun xacemento e estudando os seus achados no laboratorio.

Actividade gratuíta: o sábado 27 de decembro de 12 a 14 h no Centro Torrente Ballester de Ferrol.

Reserva a túa praza: arqueodromo.ferrol@gmail.com

Responsable da actividade: Dra. Lucía Brage.

Réplica dunha lámpada de aceite romana do arqueódromo. Foto. E. Taboada.

Siguiente
Siguiente

Revivir Tralocastro