Regresar a todos los eventos

EXPOSICIÓN: ORIXES II


Despois de “Orixes I. Ferrol castrexo”, do 19 de xaneiro (inauguración ás 19.30 h) ao 17 de marzo o Centro Torrente Ballester, de Ferrol, acollerá a exposición temporal “Orixes II. Castro de Esmelle”, organizada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial Concello de Ferrol-UDC. A mostra consta dun audiovisual, de paneis explicativos e de vitrinas nas que se mostrará aos visitantes algúns dos achados (cerámica, metais, obxectos de pedra etc.) realizados no castro ferrolán de Esmelle, coñecido como Tralocastro, durante a escavación arqueolóxica desenvolvida o pasado verán.

Anterior
Anterior
18 de noviembre

Conferencia sobre el castro de Esmelle

Siguiente
Siguiente
2 de febrero

EXPOSICIÓN. Cisxordania. Arqueoloxía con corazón