Exposición “Orixes IV. Urbanismo castrexo”, Centro Torrente Ballester, Ferrol
Inauguración: venres 06.02.26, na Capela do CTB, às 19.00 h
Organiza e coordina: Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial (Concello de Ferrol-UDC)
Colaboran: Centro Torrente Ballester e Fundación L. Monteagudo
Deseño e montaxe: Eloy Taboada
Textos: Samuel Nión
Revisión de textos: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Fotografías e audiovisual: Samuel Nión, Eloy Taboada, Víctor Rivera e Jesús Busto
Exposición temporal composta por dez paneis explicativos, un audiovisual e unha vitrina con materiais arqueolóxicos, que ten como obxecto mostrar aos visitantes os resultados da campaña arqueolóxica de 2025 en Tralocastro (San Xoán de Esmelle, Ferrol), que se realizou co apoio do Concello de Ferrol, a UDC e a Xunta de Galicia baixo a dirección científica de Juan Luis Montero, director da Cátedra, e a dirección técnica de Samuel Nión (Incipit, CSIC).
Actividades programadas durante a exposición:
Ciclo de conferencias «Orixes», en homenaxe a Emiliano Aguirre. UDC, Campus de Ferrol, Facultade de Humanidades e Documentación, Sala de Graos, 19.00 h. Entrada libre.
«As orixes da humanidade: do berce africano ás terras galegas»
Edgard Camarós Pérez (USC)
20.02.2026
«As orixes da civilización: 20 anos de arqueoloxía da UDC no Oriente Próximo»
Juan Luis Montero Fenollós (UDC)
27.02.2026
«As orixes de Ferrol: escavacións arqueolóxicas en Tralocastro»
Samuel Nión Álvarez (Incipit, CSIC)
06.03.2026
Programa “Sábados castrexos en familia”: visita á exposición e ao Arqueódromo Luis Monteagudo: 7 e 14 de marzo, 11 e 18 de abril, ás 12.00 h.
Entrada gratuíta para nenos e nenas a partir de 8 anos acompañados de familiares adultos. Reservas no correo electrónico arqueodromo.ferrol@gmail.com
Tralocastro 2025. Foto: E. Taboada.