Regresar a todos los eventos
O centro cultural Torrente Ballester de Ferrol acolle todos os venres pola tarde (ás 19.00 horas) unha visita guiada para descubrir os castros de Ferrol e o seu estudo a través da exposición “Orixes”, inaugurada o pasado mes de decembro dentro das actividades da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial. As visitas, que son gratuítas e non require inscrición previa, corren a cargo do director da cátedra, o profesor e arqueólogo Juan Luis Montero Fenollós.
A exposición, que foi prorrogada ata o 19 de marzo, pódese visitar de forma libre, de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Domingo, de 11.00 a 14.00 h. Luns pechado.