O 23 de setembro de 2022, o reitor da Universidade da Coruña e o alcalde de Ferrol asinaron un convenio para a creación dunha cátedra institucional vinculada ao ámbito da arqueoloxía e da educación no patrimonio cultural.
Vista aérea do castro de Lobadiz (Ferrol), decembro, 2022. Foto/vídeo: Eloy Taboada.
A Cátedra ten a súa sede na Facultade de Humanidades e Documentación do campus de Ferrol (UDC), e nace para cumprir dous obxectivos fundamentais: a creación dunha escola de verán de prácticas de arqueoloxía para estudantado universitario e a instalación dun arqueódromo ou aula didáctica sobre arqueoloxía para escolares. Estas dúas actividades completaranse con exposicións, conferencias e publicacións sobre o patrimonio arqueolóxico.
Link da UDC www.udc.es
Formación
Excavación/escola orientada a formar ao estudantado universitario de arqueoloxía e historia mediante prácticas de campo.
Educación patrimonial
Posta en marcha dunha aula didáctica provista dun arqueódromo para introducir ao público en idade escolar no mundo da arqueoloxía.
Valorización
Proxecto aberto á cooperación por parte da cidadanía interesada no patrimonio arqueolóxico.
Arqueoloxía participativa
Recuperar espazos arqueolóxicos para beneficio da cidadanía.
Vista aérea do castro de Tralocastro (San Xoán de Esmelle, Ferrol), decembro, 2022. Foto: Eloy Taboada.